No proceso destas actividades puidemos descubrir gustos, intereses e aptitudes das que moitas veces non eramos conscientes.
Facendo e partindo de referentes tan variados ampliamos a nosa visión do mundo e, definitivamente, enriquecémonos.
1. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. (25n)
No marco das actividades organizadas polo centro, Lucía, Ainhoa Pena e Manuela, alumnas de 4ª da ESO, recitaron un poema titulado DISTO NON SE FALA, composición realizada polas escritoras Verónica Martínez e Emma Pedreira.
A elección debeuse a que tras unha primeira lectura todas nós percibimos a sensación que as autoras pretenden transmitirnos. Porque, desgraciadamente, dun ou doutro xeito, con maior ou menor intensidade, nunha ou outra ocasión, todas sufrimos esta situación.
A metade da poboación non pode sentir un plus de inseguridade debido ao seu xénero polo simple feito de ir soa por unha rúa, sexa día ou noite. Cremos que é simplemente inadmisible.
Nela recollemos noticias de diversas fontes (case sempre prensa nos seus distintos soportes) que tratan de múltiples temas que por algunha razón nos chaman a atención e sobre os que cremos que sería bo reflexionar.
Neste día centrámonos en dúas noticias que teñen en común a figura da muller e as súas iniciativas para preservar a nosa dignidade:
“NUNCA É CULPA TÚA”
Neste caso trátase da decisión dunha modelo á hora de realizar un desfile e tras ser agredida por un home de madrugada uns días antes.
“A MAIOR ESCOLA CLANDESTINA PARA NENAS DE AFGANISTÁN”
Mazia, unha muller afgá, decide arriscarse a tomar esta valente decisión cando viu que a súa irmá pequena tiña vetado o acceso á educación.
O Departamento de Francés e o de Lingua e Literatura Galega realizaron unha actividade na que se pretende achegar ao alumnado aos mundos da francofonía e lusofonía mediante a lectura de poemas escritos por autores de diversos países que teñen como lingua oficial ou cooficial ben o francés, ben o portugués.
Imos compartir con todos vós algúns dos poemas traballados nas aulas. Son tres composicións do escritor, tradutor e periodista brasileiro Mario Quintana, considerado como un dos maiores poetas do século XX do seu país.
Naceu o 30 de xullo de 1906 na cidade de Alegrete e faleceu o 5 de maio de 1994 en Porto Alegre.
Chegou a publicar 34 libros, a maior parte de lírica, moi influenciados pola poesía chinesa.
Na súa obra foxe do complexo e rebuscado e decántase por transmitir vitalidade e intensidade.
As composicións que se escoitaron foron recitadas por Manuela Gil, que non puido ter mellor profesora para realizar esta actividade: a súa nai.
O noso agradecemento ás dúas.
Esta escritora naceu no Val do Mao, no concello do Incio, ao Sur de Lugo, e alí pasou os primeiros anos. Logo marchou a Lugo onde foi á escola.
Na súa casa había unha biblioteca ben surtida xa que seu pai e a súa nai eran bos lectores. Isto influíu en que ela tamén o fose.
Gustoulle escribir dende pequena.
Exerceu de mestra en moitos sitios: desde Muimenta ( en Cospeito) a Canarias. Pero onde estivo máis tempo foi na Mariña de Lugo. Rematou a súa etapa como mestra en Guitiriz.
A súa obra é moi extensa e escribiu tanto prosa como verso.
O alumnado le o poema “Carta a Carapuchiña Vermella” que forma parte da súa obra Lecturas de aquí e acolá.
E como as cartas deben contestarse, iso fixeron. E en verso!
Grava e edita o alumnado de 3º da ESO.
7. ROSALÍA DE CASTRO.
Se hai algún personaxe coñecido para todos os galegos e galegas este é o de Rosalía. Así que decidimos
proporcionar esta información, pero en verso.
A composición foi realizada polo alumnado de 2º da Eso e recitada por Lucía Espiñeira
e Andrea Abeledo.
Debido á popularidade que acadaron poemas de Rosalía como a “Negra sombra”,
“Castellanos de Castilla”, “Campanas de Bastabales”, “A xustiza pola man”...
e outros tantos, case sempre asociamos a poesía de Rosalía a unha visión da vida
dolorosa, amarga. Pero a nosa autora tamén escribiu composicións nas que prima
o costumismo, a ironía e mesmo certa irreverencia.
Así, para pechar esta actividade, e en relación cos últimos versos da nosa composición, imos recitar
un poema que foxe da reflexión existencial e adopta outro enfoque:
Cando me poñan o hábito,
si é que o levo;
cando me metan na caixa,
si é que a teño;
cando o responso me canten,
si hai con qué pagarlle ós cregos,
e cando dentro da cova...¡
¡Que inda me leve San Pedro
se só o pensalo non río
con unha risa dos deños!
¡Que enterrar, han de enterrame
anque non lles den diñeiro...!
8. MULLER NA CIENCIA.
Este curso, en 1º e 2º da Eso, analizouse o papel da muller na ciencia a través de profesionais de diversos ámbitos que traballan na actualidade.
Para isto recabouse información, nalgúns casos en contacto coas protagonistas do traballo, noutros a través de internet, vídeos, podcasts e lecturas de artigos. Algunhas destas persoas son moi cercanas a nós e outras, aínda que vivan lonxe, por unha ou outra razón teñen relación co noso país.
Fórmanse os grupos logo de responder a un par de enquisas nas que o alumnado tiña que escoller a temática e forma de expresión na que crear o seu contido.
O resultado das pescudas preséntanse na clase para dar a coñecer referentes reais que non aparecen nos libros de texto.
Visualizaremos agora, en distintos formatos, os vídeos que se crearon para tal fin. Perdoade os erros técnicos ou de son, xa que, de momento….. non hai profesionais en edición nesta actividade.
Damos paso a vídeo…
No hay comentarios:
Publicar un comentario