Un curso máis celebramos o Samaín, e nesta ocasión enfocámolo dende un punto de vista
antropolóxico.
Tras documentarnos sobre o Día de Defuntos e os distintos ritos, costumes e tradicións presentes en
moitos lugares de Galicia ata non hai moito, realizamos unha dramatización daqueles aspectos que nos
pareceron máis interesantes.
Ademais pretendíase que a actividade potenciase o diálogo do noso alumnado cos seus maiores, e así
poñer en valor o que estes lles poden aportar tamén no ámbito do saber.
Cos datos recompilados creamos varios espazos nos que realizar as distintas representacións.
Comezamos cos avisos de morte de distintos animais e continuamos cos contos de “vedoiros” (persoa
que posúe o poder de “ver” ou adiviñar a presenza da morte ou dalgunha desgraza).
Percorrendo unha fraga atopamos un peto das ánimas e, a continuación, uns reporteiros entrevistando os membros da Compaña.
Noutro escenario recreamos un velorio tradicional: liturxias, carpideiras, pésames...
Rematamos coa obrigada cea, posto que se velaba toda a noite ao defunto, e supoñía, polo
xeral, un momento de distensión para a familia e resto dos presentes.
Para este traballo manexamos principalmente os seguintes libros.
Podedes atopalos na biblioteca.
Para a danza do abellón.
Para os amuletos animais, minerais e varios.
A mediados de mes compartimos cos cursos da ESO e con 6º de Primaria as actividades realizadas polo alumnado de primeiro ciclo da ESO
1º buscou información sobre a Compaña e ideou un xogo no que se poñía a proba o que sabían os seus compañeiros e compañeiras sobre ela.
En 2º tamén comezaron coa procura de información; neste caso sobre distintos tipos de amuletos. Centrámonos nos “sanandreses” ou “sanandresiños”, os elaborados en Sargadelos e os de orixe animal.
Expuxéronse varios obxectos acompañados duns carteis nos que se explicaban curiosidades e virtudes dos mesmos.
Esta actividade tamén contou cun xogo no que se combinaba a parte intuitiva e a de comprensión lectora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario