Un curso máis botou a andar o Club de Lectura de Secundaria do noso centro. Nesta ocasión participan vinte e cinco rapaces e rapazas de 1º a 4º da ESO.
Como xa vén sendo habitual foi un compañeiro o que se encargou de realizar a presentación desta actividade ao alumnado que se incorporou á ESO. Nesta ocasión Borja.
No 1ºciclo comezamos coa lectura dos dous primeiros tomos da novela gráfica Dune, de Frank Herbert.
Tamén leu o segundo volume o alumnado de 2º ciclo.
Para facilitar a comprensión da obra a coordinadora elaborou unha presentación que recolle información sobre os principais personaxes e conflitos da obra.
En segundo ciclo, ademais, elixiuse para a primeira avaliación o libro Diario completamanete verídico de un indio a tiempo parcial de Sherman Alexie.
Relata a vida dun adolescente que vive na reserva Spokane, na parte oriental do estado de Washington.
Comezouse por realizar un achegamento á realidade das reservas nas que viven os nativos americanos, e máis concretamente á que pertence o protagonista.
Dado que está de actualidade a película Los asesinos de la luna, de Scorsese, tamén se comentou un breve vídeo que recolle o acontecido co pobo osage.
No hay comentarios:
Publicar un comentario