Nesta última avaliación foron dúas obras as que trouxemos entre mans.
A primeira á que faremos referencia é Plan de rescate de Antía Yáñez. Este libro xa fora
escollido o curso pasado polos membros do club que agora está en 2º da ESO.
Tivo moi boa acollida, entre outras razóns, polo feito de que os seus protagonistas son un
grupo de amigos.
Gustou tanto pola historia coma o seu inesperado desenlace.
Tiñamos previsto realizar un podcast que nos achegase a realidades reflectidas na
historia (TEA, Síndrome de Down, e discapacidade motora), pero debido a que o grupo é
moi amplo e que estabamos practicamente a fin de curso foi imposible organizalo.
Ante o interese do alumnado realizarémolo a principios do próximo curso.
A outra obra é O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. A historia trata temas intemporais
como son a soidade, a amizade, os cambios vitais e a influencia da contorna social e
familiar no desenvolvemento persoal. Pero tamén outros de plena actualidade como a
presenza cada vez maior de Internet como medio para establecer relacións persoais.
A literatura é, ademais, un medio inigualable para achegarnos a calquera mundo ou temática.
Neste caso a autora bota man do mundo da astronomía e astroloxía. Así que nós realizamos
unha incursión nestas materias.
Como xa comentamos anteriormente a falta de tempo non nos permitiu organizar todo o
traballo realizado polo alumnado. Retomarémolo para comezos do próximo curso.
Pero deixámosvos un adianto neste enlace no que poderedes ver a presentación
elaborada por Noemí Agruñá
As coordinadoras queremos agradecer tamén o traballo de Icía, Roi, Susana, Borja, Christian, Antía e Rebeca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario