11.11.25

CLUB DE LECTURA 2025-26


                        Ditosos os normais, 

                        eses seres estraños.

Este curso quixemos inaugurar o noso club cunha cita extraída da obra Iridium, porque ao igual que a literatura  ás veces reflicte realidades, ideas e principios nos que nos vemos reflectidos, noutras ocasións enfróntanos a mundos alleos aos nosos, cando non contrapostos.

Os libros teñen o poder de conseguir  que nos poñamos na pel dos demais e de que tomemos conciencia da multitude de condicionantes que inflúen no que cada un de nós somos. Quen le conta cun importante instrumento de achegamento á singularidade do ser humano.

Nas lecturas elixidas para este primeiro trimestre os protagonistas deben xestionar a súa realidade, ás veces adversa, ou ben crear unha alternativa máis satisfactoria ao que lles tocou vivir. Perseguen o que cada un de nós: acadar unha vida o máis plena posible.

En primeiro ciclo as obras elixidas son:



En segundo ciclo: 



Tamén se propuxeron as seguintes obras para aquel alumnado que desexe lelas a maiores.



Sara, alumna de 2º,  explicoulle a dinámica da actividade ao alumnado de 1º.


Para unha mellor comprensión da obra realizouse unha presentación  do escritor Ray Bradbury e a súa obra.



O alumnado de 2º ciclo coa obra Iridium.

 


 

Dámoslles a benvida tanto aos integrantes que xa teñen camiño percorrido nesta actividade como a aquelas e aqueles que se incorporaron recentemente. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas