A biblioteca do noso centro foi a encargada de deseñar a aula onde actualmente se ubica os polos creativos. Co propósito de ter un espazo atractivo e diferenciado comezamos por estudar algúns dos aspectos máis importantes para tal fin: deseño de interiores, teoría da cor, tipografía e mobiliario.
Algúns dos libros consultados son un referente neste sentido.
Recorremos a
rescatar mobiliario antigo no propio centro para abaratar costos, crear tamén
novas mesas de traballo e elixir as cores e os rótulos.
Para identificar o lugar desde fora propúxose un certame de ilustración un tanto irónico.
As imaxes gañadoras colgan da porta pola parte exterior.
A mesma porta,
pero no interior, mostra un pantom para identificar máis rapidamente o material
que a aula ofrece.
Queda por
realizar un díptico cas normas de uso e mantemento.






No hay comentarios:
Publicar un comentario