Isto non quere dicir que non haxa persoas que poidan chegar a apaixonarse polo teatro e a poesía.
Un dos xeitos máis efectivos para que o alumnado se achegue de bo grao a un tipo de poesía que case sempre queda fóra do currículo e descubra que lles pode entusiasmar, é poñer nas súas mans algunha obra de Carlos Negro. Penúltimas tendencias e Makinaria son unha aposta segura.
Así que no noso club, tras ler ambas obras, decidimos realizar uns acrósticos mediante a elección e combinación dos versos que máis nos gustasen, impactasen ou chamasen a atención e que, ademais, fosen axeitados para conseguir o noso propósito.
Aquí vos deixamos algunhas composicións creadas por alumnos e alumnas. As presentación foron ideadas e realizadas por Susana López e Noemí Agruñá.
Ah!
Que que é un acróstico?
Que que é un acróstico?
Fíxate na primeira letra de cada verso.
Aínda que somos do bloque central, nalgúns casos as "manías" da lingua leváronnos a confraternizarnos co occidental e utilizar o seseo. E gustonos.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
(1).jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario