21.12.09

Acto en memoria de María José Carballal

No día de hoxe celebrouse no  centro escolar un acto en memoria da compañeira falecida a pasada semana, Mª José Carballal.
No mesmo dous alumnos do Centro ( Lucía López Cela de 5º de E.P. e Alex Vázquez Corral de 1º de E.S.O.) leron un texto alusivo ao momento.  Posteriormente a Directora do Centro , en nome do Claustro de profesores, dirixiu unha palabras que finalizaron cun minuto de silencio acompañado por un fragmento do Requiem de Mozart, en lembranza e honra da compañeira que nos deixou.
Desde esta páxina agradecer a participación respectuosa dos alumnos e achegar, ao tempo, a nosa  solidariedade con toda a comunidade educativa así como coa súa familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas