9.6.12

Enxeños esquecidos

Nesta terceira e última avaliación, como traballo de Tecnoloxía, as rapazas e rapaces de 2º de ESO demos un brinco atrás, á época dos nosos avós, para facer proxectos aos que chamamos "Enxeños dos nosos devanceiros".
Como sabemos, agora é moi fácil ir a unha tenda e mercar veleno para os ratos, pero na época dos nosos avós... que facían?
As rateiras, que foi o enxeño máis popular, podémolas ver de moitas formas: unhas están formadas por dous paus e unha táboa, colocados de forma que cando o rato mova o pau, a táboa cáelle enriba; outras son bastante perigosas, con puntas afiadas que caen sobre o rato cando este, ao tirar do queixo activa o mecanismo.
Tamén, unha das nosas compañeiras trouxo unha manteigueira, que deixou sorprendido a máis de un.
Estes enxeños demóstrannos que máis vale maña que novas tecnoloxías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas