Mellor centro na promoción do deporte escolar 2012:
CPI Dr. López Suárez de Friol
GALA DO DEPORTE
GALEGO. LUGO
Así, o xurado valorou que o noso “colexio público destacou
no ano 2012 polo desenvolvemento de diferentes programas dirixidos ao fomento
do deporte entre o seu alumnado. A súa implicación no programa XOGADE da
Secretaría Xeral para o deporte, e nas accións vinculadas co deporte do
programa PROXECTA da Consellería de cultura, educación e ordenación
universitaria convérteno nun dos colexios de Galicia con maior participación do
alumnado en programas deportivos interdisciplinares”.
O trofeo conmemorativo deste premio foi recollido pola Directora do centro educativo, Dª. Asunción López. Neste acto estiveron
presentes tanto o equipo directivo do colexio como os nen@s inscritos no
programa do Xogade, é dicir, os membros do equipo de atletismo do colexio.
Información: Felipe Barata
Información: Felipe Barata
No hay comentarios:
Publicar un comentario