Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

31.10.16

Bakuman




No mes de setembro foron rexistrados os dez primeiros volumes do manga Bakuman e durante este tempo parte do alumnado está moi animado a levar en préstamo día tras día. Ante esta demanda informámosvos que en breve teredes a vosa disposición a colección completa. Un pouco de paciencia! E para quen non coñeza esta obra deixámosvos o enlace ao blog de Jaime Valero onde expón os puntos fortes e débiles que ao seu entender posúe este manga. Animamos a dar unha volta por este magnífico e actualizado blog.
Tamén está a punto de chegar moitos dos libros que pedistes a través da cesta de suxestións. Grazas por seguir colaborando na procura de novas lecturas!  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas