29.9.14

"Canta e non chores"

Como primeira novidade neste curso a biblioteca vaise converter cada quince días nun espazo para o canto. Así que, se estades dispostos a pasalo ben, non vos podedes perder as sesións dos luns pola tarde para a ESO e os mércores pola mañá para Primaria. Aínda que case todos tedes as cordas vocais ben afinadas non estaría mal preparar un pouquiño o tema a cantar. Para iso proporcionaremos neste blog un vídeo da canción e a súa letra con tempo suficiente para ensaiala. Tamén podedes picar nos enlaces que inserimos nas letras  e coñecer algunhas cousas de interese.
Comezaremos esta actividade chamada " Canta e non chores" o día 13 de outubro cun  tema do grupo vigués Siniestro Total. Trátase da supercoñecida “miña terra galega” do ano 1984 e que se converteu nunha especie de himno. Aquí tedes o enlace para collerlle o ritmo.



A una isla del Caribe 
he tenido que emigrar 
y trabajar de camarero 
lejos lejos de mi hogar

me invade la morriña 
el dolor de Breogán 
cuando suena la muiñeira 
el llanto empieza a brotar 

Miña terra galega 
donde el cielo es siempre gris 
miña terra galega 
es duro estar lejos de ti 

Donde se quejan los pinos 
y se escuchan alalás 
donde la lluvia es arte 
y Dios se echó a descansar 
los kafkianos del Jaján 
la Liga Armada Galega 
y el pazo de Meirás 

Miña terra galega 
donde el cielo es siempre gris 
miña terra galega 
es duro estar lejos de ti 


Ánimo, apréndete esta letra tan sinxela ( o tráete a chuleta) e ven a pasar un bo rato. Esperámoste.   






3 comentarios:

  1. gustoume moito a actividade!

    ResponderEliminar
  2. Esta actividade como moitas outras pareceme moi divertida e entretida. As curtas? As miñas favoritas sen dúbida. E as risas que botamos no "canta e non chores"? Que ben o pasamos! Penso que a biblioteca experimentou un cambio moi grande, xa que pasou de ser un simple recuncho de lectura a ser unha biblioteca na que se fan diferentes actividades nas cales aprendemos pero sobre todo nos divertimos. Podemos dicir que somos uns privilexiados ao poder gozar de todo o que facedes o equipo de biblioteca. Darvos as grazas por todo o voso enorme esforzo por crear uns recreos mais entretidos. E dicirlle a todos e todas que acudades a biblioteca para poder ver as curtas e realizar as distintas actividades. Aproveito a ocasión para mandarlle un bico e unha aperta a todo o equipo de biblioteca, para agradecerlles o seu traballo e todo o que fan por nos e para dicirlles que sigan así, e que contan co meu apoio para o que necesiten!!
    (aínda que poña anónimo: María F. 3º E.S.O)

    ResponderEliminar
  3. Moitas gracias, María. Anima moito a seguir.

    ResponderEliminar

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas