21.10.14

Preparamos o Samaín

                           

Nesta semana, do 20 ó 24 de Outubro, temos un taller na biblioteca para decorala e ambientala no Samaín. Haberá tamén unhas curtas para primaria e secundaria. O venres 24, tamén na biblioteca haberá contacontos que seguro que van gustar.
E coma todos os anos, celebrarase un concurso de cabazas do que falaremos en detalle. O día 27 recolleranse as cabazas. Serán premiadas as máis creativas e arrepiantes. Amimádevos!

3 comentarios:

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas