Tamén os cursos de primaria se achegaron á
biblioteca para facer de detectives neste xogo de pistas adaptado para os distintos
niveis. Disfrutaron, e moito, indagando entre
libro e libro.
Podemos
ver as diferentes pistas dos cursos máis avanzados que serían agochadas nos seus respectivos libros
momentos antes de comezar a proba.
A seguinte
presentación dá testemuña do interese con que o alumnado realizou a actividade.
Que
pracer poder asistir á entrega e paixón deste grupo de pequen@s investigador@s!
Todo
parecía rematado, mais non foi así. O grupo de segundo sorprendeunos coa súa insistencia;
levar as pistas para a súa aula. Querían
reunilas, facer un mapa lineal do acontecido, crear un mural descritivo e despois comentalo entre @s compañeir@s de aula.
Desta forma tod@ s serían partícipes dos libros que no seu caso non lles tocou
explorar. Chegaron á biblioteca como grupo de segundo de primaria, dividíronse en
pequenos grupos para facer a actividade e volveron á aula para ser outra vez o GRUPO.
Felicitacións
e grazas por aprendernos estes comportamentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario