11.4.16

Xogo de pistas con Secundaria


No mes de febreiro a biblioteca organizou unha actividade coñecida como “xogo de pistas “, onde o alumnado tiña que mergullarse en multitude de libros na procura da información requirida no comezo,  ir atopando as sucesivas pistas, responder  acertadamente e seguir esta dinámica ata completar o percorrido. Para conseguir finalizar  con éxito tiveron que manexarse como peixe na auga a través de distintas materias e ámbitos organizados segundo a CDU, consultar índices e glosarios, buscar en mapas e  dicionarios, escudriñar entre as lapelas dos libros de novela, teatro e poesía …  Foi esta unha actividade moi positiva xa que o alumnado consegue formación de usuario dunha forma lúdica e motivadora ademais de pór en práctica unha boa dinámica de grupo e descubrir o amplo e variado do saber, da razón e da ficción  . De seguro que a repetiremos.
E aquí podemos ver ao alumnado de secundaria en plena acción.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas