Neste
primeiro trimestre eliximos dous libros segundo a etapa educativa dos
rapaces e rapazas: Ana Frank, la
biografía gráfica para 1º e 2º da
ESO e O señor Ibrahim e as flores do
Corán para 3º e 4º da ESO e
realizamos a presentación dos mesmos no mes de outubro. Para os
próximos trimestres trataremos de que os dous ciclos realicen a
mesma lectura.
Ademais
do intercambio de ideas, sentimentos, apreciacións… que poidan
xurdir arredor da lectura, como en anos anteriores realizaremos
algunha actividade que complete e enriqueza aquilo que nos aportou a
obra. Estamos seguros de que, como en cursos pasados, os nosos
lectores e lectoras farán gala do seu enxeño, creatividade e arte.
Como
sempre poderedes seguir neste blog as nosas actividades.
Tamén
queremos lembrarvos que calquera que desexe acompañarnos pode
incorporarse ao noso club ao longo do curso; sempre teremos un oco no
noso sofá para vós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario