6.11.16

Samaín I


Un par de semanas antes de chegar o Samaín todo o centro estaba traballando en diferentes actividades para celebrar esta festividade cando o alumnado de 4º da Eso capturou nunha fotografía estenopeica a Oxidosiños, quen decidiu deixar a súa inquebrantable inmobilidade no laboratorio e comezar unha andaina polo colexio. Quizás motivoulle a  gran cantidade de información en torno á celebración que enchía, pouco a pouco, o corredor. Verémolo máis adiante noutras imaxes.

                                                                     
Dos primeiros traballos que puidemos ler na exposición foron os realizados polo alumnado de 1º da Eso; trátanse de É noite de Samaín e dun acertado Conxuro que anhelamos que se cumpra. 

                                                            É noite de Samaín


 Conxuro


SAMAÍN SAMAINEIRO,
SAMAINEIRO SAMAIN
bota as bruxas ao caldeiro, que queimen co seu mandil
SAMAIN SAMAINEIRO, SAMAINEIRO SAMAIN
Eu non quero ter mais medos, de noite quero durmir.
Que non haxa máis exames
nin máis deberes ruíns,
que non haxa máis castigos
deses que adoitan aquí.
SAMAÍN SAMAINEIRO, SAMAINEIRO SAMAÍN
que as cousas feas do mundo
se amañen xa dunha vez,
que se respecte os dereitos
de tantos necesitados:
cóntanse por centenares
afogándose no mar
SAMAÍN SAMAINEIRO, SAMAINEIRO SAMAIN
Vexo as luces das cabazas
sei que vides a por min
SAMAÍN SAMAINEIRO, SAMAINEIRO SAMAIN
Que me escoite o mundo enteiro
desde Friol, desde aquí
quero un mundo verdadeiro

pregámoscho SAMAIN



O mesmo desexo temos para o conxuro que dramatizou a nosa compañeira de Infantil en prácticas, Eva Fernández, na Biblioteca. Mirade o ben preparadiña que estaba a mesa onde a apócema, mestura da máis repulsiva alquimia, sería a protagonista. 



E o vídeo, por suposto.

        

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas