9.2.18

CLUB DE LECTURA



No noso Club de Lectura este trimestre atrevémonos cun clásico: León Tolstói, escritor ruso do século XIX que está considerado como un dos autores máis importantes da historia da literatura.
A obra que estamos a ler é ¿Cuánta tierra necesita un hombre?, un conto, e tamén a súa adaptación ao cómic, que sen lugar a dúbidas nos fará reflexionar sobre importantes aspectos do ser humano.
Unha das características que define aos clásicos é a vixencia da súa obra en todos os tempos, tal como é o caso deste prolífico autor. As súas ideas sobre a “non violencia activa” influíron en personaxes de tanta transcendencia histórica e social como Martin Luther King ou Mahatma Gandhi.
E como o 30 de xaneiro se celebra o Día Escolar de la Non-violencia e a Paz, queremos contribuír á conmemoración achegando dúas citas tiradas das obras de Tolstói:
Toda reforma imposta pola violencia non corrixirá o mal: o bo xuízo non necesita violencia”.


Non fagades o mal e non existirá”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas