1.3.18

A Axente Riciños visitounos





O luns 19 de febreiro, unha vez máis tivemos o gusto de recibir a Iago López. Neste caso veu a contar ao alumnado de infantil a historia da Axente Riciños, obra de El Hematocrítico e ilustrado por Alberto Vázquez. Riciños de Ouro coloca a capa vermella de Caperuchiña e cos poderes que esta lle outorga cólase noutros contos populares. Como a superheroína que é salva a Brancaneves advertíndolle de que non coma a mazá que a bruxa lle ofrece, e a Hansel e Gretel convencéndoos de que non entren na cas de chocolate por moi apetitosa que lles pareza.
E mentres os malos acaban no “trullo”, Riciños asegúrase de que coidemos o bosque para que continúen ocorrendo nel moitas historias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas