Achegámosvos
unha iniciativa que o alumnado de 3º da Eso ofreceu nunha exposición
a semana pasada.
Despois
de se enfrontar á realización do debuxo do natural onde traballaron
a proporcionalidade, volume e movemento, crearon unha secuencia que
trasladaron ao formato gif mediante unha das múltiples aplicacións
que existen. A continuación crearon os códigos QR, asociados á
páxina onde os gifs estaban aloxados.
Desta
forma, atopamos unhas imaxes fixas que, con só escanar o seu código,
convertemos en movemento.
Neste enlace podemos ver a seguinte secuencia en movemento.
Estoutro neste enlace
Por
suposto, invitaron a outros cursos a pasar por alí.
Deixámosvos o resto dos códigos QR por se vos animades a ver o resto dos gifs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario