10.6.19

Club de lectura



Un curso máis  quixemos darlle unha volta a algunhas das lecturas  do no noso  club e realizar actividades relacionadas con elas.
Nesta ocasión foi  a obra O veleno da risa a que nos animou ao grupo de 1º da ESO a percorrer Lugo.
Provistos dos aparellos cos que todo bo investigador debe contar, decidimos botarlle unha man a Tintimán e visitamos os lugares polos que andou o noso intrépido reporteiro; non fora a ser que perdera a concentración ao pasarlle por diante algunha rapaza xeitosa.
A proba do noso traballo de investigación quedou recollida nunha actividade que consistiu en incorporar a nosa imaxe aos fondos dos distintos espazos. Para realizala utilizamos a técnica do photoshop.

Os que quixeron vernos en busca das pistas tiveron que achegarse a un pequeno visor que incorporamos a unha caixiña.














   En canto  ás rapazas de 2º, 3º e 4º foi Penúltimas tendencias a obra que nos inspirou   para ir un pouco máis alá. Eliximos os nosos poemas preferidos e aqueles versos que máis nos gustaron, impresionaron, impactaron..., aqueles cos que nos sentimos identificas, ou  que nos indican o camiño do que podemos chegar a ser, sempre cos "pés descalzos" e “a lingua solta”.

 Escribimos os versos, fotagrafamos os nosos pés libres, sen nada que  os oprima e..., botamos unha ollada ao noso arredor. Reflexionamos sobre o feito de que moitos son os aspectos da vida que nos condicionan e   intentan  conducirnos por un camiño xa predeterminado. Pero tamén sabemos que  contamos co  “cerebro como arma de combate”.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas