9.6.19

O club de lectura e Paisaxe visitan Allariz




O prometido é débeda, así pois o 27 de maio o alumnado que forma parte do Club de Lectura deste curso e o que tamén estivo nel o pasado, acompañados polos rapaces e rapazas de 1º da ESO da asignatura de Paisaxe, marchamos de viaxe. Esta confluencia de alumnado debeuse a que o ano anterior non foi posible levar a cabo a saída programada para o noso club.
O destino nesta ocasión foi Allariz. A esta vila ourensá outorgóuselle no ano 1994 o Premio Europeo de Urbanismo, tamén está incluída no catálogo de boas prácticas da ONU e foi declarada Reserva da Biosfera en 2005, xunto con outros concellos da comarca.

Alí realizamos unha visita ao Museo do Coiro e ás imaxinativas propostas que forman parte do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Tamén gozamos dun agradable paseo pola beira do río Arnoia. Tras repoñer forzas co xantar formamos varios grupos que, provistos dun plano e con indicacións de lugares emblemáticos e curiosos da vila, dirixíronse a percorrela. Regresaron cargados de documentos gráficos.
Tamén coñecemos a lenda que deu orixe á Festa do Boi de Allariz.

Unha vez alcanzado o noso cometido en Allariz dirixímonos á Basílica da Asunción (ou Ascensión), inacabada obra dos templarios, e accedemos ao interior da cripta subterránea, coñecida como o Forno da Santa. O alumnado de 1º da ESO contounos a lenda de Santa Mariña e así soubemos a razón deste nome.
Tamén visitamos a Pena da Moura.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas