11.12.19

Charla-obradoiro sobre "idadismo"




Dentro do proxecto Encontros Interxeneracionais que promove o Departamento de Orientación, o traballador social Paco Novo e o coordinador do grupo de voluntariado UDP de Lugo Longines Lobato, participaron nunha sesión formativa sobre “idadismo” con todo o alumnado da ESO, resultando moi motivadora e onde mantiveron o máximo interese durante toda a sesión.
O obxectivo de dita formación era desterrar mitos e estereotipos sobre as persoas maiores, que moitas veces se ven como un colectivo que arrastra o peso da pasividade, a apatía e o non querer facer.
A través dunha estrutura de xogos e coa participación activa do alumnado, traballouse a liberación de prexuízos que levan a entender a vellez como algo negativo.
A UDP, que ven traballando ultimamente nunha sección de “microidadismos” a través da súa páxina web, animou ós rapaces e rapazas a participar nela, no caso de que presenciasen algún tipo de discriminación cara as persoas maiores no seu día a día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas