11.12.19

Samaín



Entre finais de outubro e principios de novembro celebramos o Samaín. Puidemos ver como as portas de infantil e primaria se cubrían de motivos alusivos ao terror.




Na entrada da biblioteca fixéronse máis visibles unha selección de libros con esta temática.



Entre eles uns  de nova incorporación.






O alumnado de 6º de primaria  teatralizou a obra “Fiz, o coleccionista de medos” para os seus compañeiros doutros cursos.





Noutra sesión, Amanda contounos a historia “Room in the broom” onde unha bruxa viaxa co seu gato. Unha contada en inglés, chea de aventuras que engaiolou a todos.



Como de costume, expuxéronse as cabazas que participaron no concurso e fixéronse unhas marcapñaxinas coas gañadoras para se repartir entre toda a comunidade educativa.





Os premiados de infantil e primaria recibiron uns agasallos.







Tamén os de secundaria tiveron o seu premio.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas