13.12.19

Samaín II



No corredor de secundaria o alumnado compartiu as súas investigacións e creacións en torno ó Samaín. Parabéns tanto polo seu traballo como pola súa valentía ao expoñelo en público!



Comezaron ofrecendo un mapa onde deixaba ben claro a ida e volta deste ritual. 
 



As imaxes máis salientables de terror da cultura francesa estiveron presentes.








Desde a materia de Bioloxía o alumnado ofreceu o resultado dunha investigación sobre as arañas.



No espazo dedicado ao Departamento de Educación Física o alumnado valorou os medos intrínsecos en diferentes deportes,  acudindo, tanto ás declaracións de deportistas de elite como ás súas experiencias persoais.





Da man do Departamento de Galego, aproveitamos que temos un alumnado moi emprendedor e montamos a axencia de viaxe "Cruzaoceo", especializada en cruceiros. Os mellores guías do concello leváronnos a visitar estas representacións artísticas tan numerosas en Friol.  








E tirando da ampla toponimia que caracteriza a Galicia fixeron unha exposición sobre nomes alusivos á temática que nos reunía.













O alumnado de Plástica atreveuse a abrir algúns armarios e así descubrir diferentes utensilios recorrentes nas películas de terror.






Outro curso o que abriu foron portas típicas de diferentes continentes para revelar collages de monstros pertencentes ás lendas e mitoloxías destes lugares. 







O alumnado de 1º da Eso non deixou pasar a oportunidade para colgar as súas máscaras e explicar como as fixeron.








De igual modo fixeron cuns orixinais monstros.




Por último, 4º da Eso explicarnos o proceso de modelado en arxila, creación de moldes e o resultado de pequenas esculturas en xeso e silicona, que servirían de “estatuillas” para entregar  ás gañadoras e aos gañadores no “I Premio de Curtas de Terror en Inglés”



Na seguinte entrada poderedes ver as curtas presentadas a concurso e a entrega de premios.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas