13.12.19

Samaín III



Con moita expectación reunímonos na biblioteca para asistir ás proxeccións das curtas realizadas polo alumnado de 2º da Eso. Xa sabiamos algo sobre o guión, vestiario, maquillaxe, localizacións, ensaios e perfeccionamento do inglés, músicas creadas por 3º da Eso... Mais, o resultado era o que desexabamos. 
Comeza....  o "I Premio de Curtas de Terror en Inglés"














Os aplausos foron os protagonistas e na intensidade e duración destes baseáronse os criterios para facer entrega das figuras, nese momento, bautizadas como “Samaínos”.

And the winner is ?


"One month later" para o mellor guión.


"Deadly mafia" para mellor vestiario e maquillaxe.
Tamén ao mellor interprete para Juan Caloto como Pennywise.



E para concluír, o merecido premio ao traballo de montaxe para o noso compañeiro Iván. Ben sabe que ten que compartilo con Marta, orixe desta movida!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas