21.10.21

CLUB DE LECTURA: UNHA ESTREA DE CINE


E non é que pequemos de fachendosos, é que literalmente foi así.  Os  vinte e tres compoñentes  do club inauguramos as actividades deste curso indo a ver a película Dune a un cine de Lugo, xa que leramos a novela gráfica o curso pasado. E simplemente: encantounos!!!

Pero tamén nos parece “de cine” que continuemos sendo tantos os que formamos parte deste proxecto. Benvid@s a tod@s! 

Esperamos gozar das lecturas e actividades derivadas delas e tamén compartir, sentir e aprender moito conxuntamente. 

 Velaquí a sinopse e valoración que Ánxela realizou sobre a película.

Dune, a película que fomos ver a finais de setembro, trataba sobre un rapaz chamado Paul que pertencía a unha familia poderosa á que o emperador lle manda ir gobernar o planeta Arrakis. Neste lugar o protagonista coñecerá aos seus habitantes, os fremen, e deberá sobrevivir ás loitas cos harkonen, que son os antigos gobernantes do planeta, nun ambiente ben distinto ao do seu antigo fogar.

Esta película gustoume moito, polo que, aínda que dura dúas horas e media, non me pareceu longa para nada; resultoume moi entretida.

Recoméndollela ás persoas que desfruten coas películas de acción e aventura.”










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas