5.11.21

E ti como vés sendo? 2

 

Ás veces, cando se queren facer as cousas cun pouco de xeito, non valen as présas.

Por  esta razón preséntase agora unha actividade que por parte do alumnado foi rematada o  curso pasado.

Vendo o resultado das súas  producións e a implicación de todos os rapaces e rapazas na actividade pensamos que ben merecían unha pequena sorpresa que atoparedes ao final desta entrada.

Velaquí a introdución que  se realizara no seu momento: 

Xa  sabedes que aos de 1º da ESO  gústanos  estar sempre metidos en fariña. E cando vimos a actividade na que os compañeiros e compañeiras de 2º da ESO realizaban o seu autorretrato tivémolo claro; alá fomos. 

Pero, xa sabedes o que é a envexa... E non se  libran  @s prof@s. Así que algúns decidiron participar. 

 Aquí tedes  os nosos traballos. Seredes quen de  recoñecernos mediante as imaxes ?  

E coa axuda dos textos?

Recorda localizar @s intrus@s.


 

Como vistes hai sorpresa final!

Seguimos no mundo do retrato, pero desta vez pictórico.

Contámosvos un pouquiño o proceso de realización: 

- Comezamos por adestrarnos na observación dos nosos rostros mediante o método da “contorna cega”:  debuxar mirando só o modelo e nunca o papel e así realizar un escaneo máis fiel das caras. 

- Posteriormente, con total liberdade,  aplicámoslles a pintura para dotalos de  maior expresividade. 

A sorpresa!


 

 

Solucións a TI COMO VÉS SENDO 1 por orde de descricións:

Sara, Ainhoa Pena, Mateo, Alexis, Eva, Ana, Lucía e Ánxela.

 

 

 

 


 

 
 

Solucións a TI COMO VÉS SENDO 1 por orde de descricións:

Sara, Ainhoa Pena, Mateo, Alexis, Eva, Ana, Lucía e Ánxela.

 




 

 

 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas