22.5.22

Visita de Kiko Da Silva

 

 

O pasado venres tivemos a sorte de recibir no noso centro a Kiko Da Silva, home que traballa xa hai moitos anos no mundo da banda deseñada e ilustración. Director de revistas como BD Banda ou Retranca presentounos O Garaxe Hermético, única escola profesional de banda deseñada de Galicia. Con dez anos de vida, ven a cubrir unha necesidade educativa para os que se queren formar nesta disciplina. Como resultado do traballo do alumnado, podedes ver os agasallos que nos trouxo.

Ensinounos tamén métodos para debuxar personaxes facendo un percorrido polas características máis salientables de debuxos animados ben coñecidos por todos, como Os Simpsons, Shin Chan...

E como dun salón do cómic se tratara rematou a sesión con debuxos dedicados ao alumnado.

 

.




 




 E temos na biblioteca a súa última publicación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas