17.6.22

Club de lectura de adultos

 

Dende hai uns anos está a funcionar no noso centro o Club de Lectura  de Secundaria: un grupo de 1º e 2º e outro de 3º e 4º. O número de   rapaces e rapazas  participantes foi aumentando paulatinamente ata  contar na actualidade cunha alta porcentaxe  do alumnado.

Pensamos, pois, que era o momento de poñer en funcionamento un Club de Lectura destinado a adultos; idea que xa víñamos barallando dende hai tempo.

A actividade  ofertouse non só aos integrantes da comunidade educativa senón tamén a aquelas persoas da súa contorna ás que lles puidera interesar.

Desde o seu inicio, en decembro, ata o día de hoxe, foise incrementando o número de participantes paulatinamente ata chegar aos 21 cos que conta na actualidade.

As lecturas postas en común foron:

Abril Quebrado, Kadaré

A neta do señor Linh, Philippe Claudel

Prohibido nacer, Trevor Noah

Vista a resposta de todos e todas as integrantes a nosa intención é que teña continuidade o vindeiro curso.

Grazas a todos e todas pola vosa participación.

Esperamos vervos na próxima entrega!

O equipo de Biblioteca

 

 


 

1 comentario:

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas