DONAS DE NÓS VISITA A CASTROVERDE
A obra que lemos nesta ocasión todos os integrantes do club foi Donas de nós. E co fin de contextualizar no espazo e tempo esta peza teatral comezamos por realizar un achegamento á lírica e prosa da Literatura Medieval Galega mediante unha presentación en PowerPoint.
Tras lela e realizar un primeiro intrercambio de ideas e sensacións fomos de visita, por segundo ano consecutivo, ao CPI de Castroverde. Alí puxemos en común as nosas opinións sobre distintos aspectos da obra co alumnado e profesorado.
Nesta ocasión tivemos a sorte de contar coa presenza da autora, Ánxela Gracián, que propiciou un interesante e dinámico intercambio de ideas, ademais de enriquecer a nosa lectura comentando o contido do libro e o proceso da escrita.
Tamén nos explicou como, durante unha viaxe a China, se xestou a historia doutra das súas obras: As voces da auga.
Despois de compartir rapaces e rapazas a hora de lecer, desfrutamos e emocinámonos coa lectura dramatizada que o alumnado anfitrión realizou do último acto da obra.
Seguidamente andamos un traxecto do Camiño de Santiago Primitivo e puidemos ver o cemiterio de Soutomerille, o castiñeiro da Corredoira e a igrexa de San Salvador.
Na despedida Ánxela Gracián regalounos unha última visita. Mediante a lectura de dous poemas da súa obra Paisaxes de pan conduciunos ao Castroverde da súa infancia.
Agradecemos a súa xenerosidade.
Tamén ao alumnado e profesorado de Castroverde a súa acollida.
Esperamos a súa pronta visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario