O alumnado de secundaria participou a semana pasada nun xogo de pistas
elaborado polo Equipo de Biblioteca.
Con esta actividade preténdese formar usuarios autónomos, que sexan quen de
procurar os fondos que nos ofrecen as distintas bibliotecas.
Comezouse por proporcionar unha breve información sobre dous aspectos: a
distribución dos materiais no espazo físico, e a localización dos distintos datos que nos proporciona un volume,
tanto dos xenéricos, externos ao
contido, como dos propiamente literarios ou divulgativos.
Formáronse grupos de catro persoas que debían completar a busca de cinco obras
para, a continuación, localizar e
responder as preguntas relacionadas con cada una delas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario