7.5.25

CLUB DE LECTURA SEGUNDO TRIMESTRE



 

LECTURAS  E ACTIVIDADES DO SEGUNDO TRIMESTRE

No segundo trimestre os integrantes do Club de Lectura de primeiro ciclo optaron por ler Eu son A de Steve Tasane.

O noso desexo era acercarnos a unha realidade que sempre estivo aí pero que cada vez percibimos máis preto.

O proceso de acollemento de refuxiados pode vir orixinado por distintos motivos: guerras,  fame, o cambio climático e as súas consecuencias… Polo que, no chamado “primeiro mundo”, cada vez vemos máis próxima a posibilidade de que calquera destas situacións nos afecte e teñamos que buscar acubillo  noutros lugares. Toda una lección de humildade.

Trátase dunha historia conmovedora contada desde a perspectiva de personaxes coa idade dos nosos lectores. 

 

 


 

En segundo ciclo a lectura elixida foi a obra teatral La ratonera, de Agatha Christie.

Varios personaxes confen na antiga mansión Monkswell Manor, convertida por unha xove parella nunha casa de hóspedes. A inesperada chegada do sarxento Trotter advertindo de que entre eles podería encontrarse un perigoso asasino e a imposibilidade de marchar do lugar nin poñerse en contacto co exterior, xa que se atopan incomunicados, fai que afloren as sospeitas entre eles.

Os membros do club de 2º ciclo idearon, elaboraron e organizaron unha actividade sobre a obra e a autora na que se traballou a procura de información. O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO  foi o participante. 

A parella gañadora recibiu un agasallo.

 






 

Aquí vola deixamos! Esperamos que  vos guste.

Agradecemos o deseño final a Noemí Agruñá.

 

























 


 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas