Dende hai uns anos está a funcionar no noso centro o Club de Lectura de Secundaria: un grupo de 1º e 2º e outro de 3º e 4º. O número de rapaces e rapazas participantes foi aumentando paulatinamente ata contar na actualidade cunha alta porcentaxe do alumnado.
Pensamos, pois, que era o momento de poñer en funcionamento un Club de Lectura destinado a adultos; idea que xa víñamos barallando dende hai tempo.
A actividade ofertouse non só aos integrantes da comunidade educativa senón tamén a aquelas persoas da súa contorna ás que lles puidera interesar.
Desde o seu inicio, en decembro, ata o día de hoxe, foise incrementando o número de participantes paulatinamente ata chegar aos 21 cos que conta na actualidade.
As lecturas postas en común foron:
Abril Quebrado, Kadaré
A neta do señor Linh, Philippe Claudel
Prohibido nacer, Trevor Noah
Vista a resposta de todos e todas as integrantes a nosa intención é que teña continuidade o vindeiro curso.
Grazas a todos e todas pola vosa participación.
Esperamos vervos na próxima entrega!
O equipo de Biblioteca
Más padres que alumnos. Fantástico....
ResponderEliminar