6.5.26

Contacontos


Este curso, como novidade, hai un grupo de alumnado da ESO voluntario para ser lectores e lectoras noutros niveis. Escollen e preparan un conto no seu tempo de lecer. 


Aquí contan a súa primeira experiencia nesta actividade:

A semana previa ás vacacións de Nadal, o alumnado voluntario que participou como lector acudiu as aulas de educación infantil para interpretar o conto Chibos chibóns, da editorial Kalandraka. Preparamos a actividade con ilusión acompañando a lectura con acenos, mímica e xestos mentres unha persoa do grupo se encargaba de ler a historia.

A experiencia foi moi divertida e agradable. Encantounos observar as reaccións dos nenos e nenas a medida que avanzaba o conto.

Ao rematar a lectura propuxémoslles que debuxasen o seu personaxe favorito. O resultado foi impactante xa que fixeron uns debuxos moi orixinais e creativos. 

Ao alumnado de infantil gustoulle tanto a actividade que nos pediron volver. E nosoutras encantadas!












No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas